Comunicación Estratéxica
A comunicación estratéxica é a resposta dos profesionais da comunicación e das relacións públicas ante os problemas que trae a improvisación, e baséase na importancia da planificación para que as entidades tomen o control dos seus propios procesos de comunicación.
A elaboración dunha estratexia de comunicación axeitada leva implícita unha execución efectiva, e polo tanto tamén a consecución de mellores resultados.
Axudámoste a elaborar, poñer en práctica e controlar unha política de comunicación coherente e eficaz.
Un estilo propio:
Análise do contorno
Auditoría das circunstancias na que se moven as empresas e institucións: situación do mercado/contorno, posicionamento, competidores, ameazas, fortalezas.
Diagnóstico da imaxe
Deseño e desenvolvemento de auditorías de imaxe entre as audiencias obxectivo da empresa ou institución para identificar a percepción pública sobre actividades, produtos ou servizos, empregando técnicas cuantitativas y cualitativas de investigación.
Creación estratéxica
Definición de obxectivos xerais e específicos, recomendacións estratéxicas e descrición das accións a desenvolver a través dun Plan de Comunicación.