Eventos
Os eventos corporativos son unha excelente ferramenta de marketing e comunicación, ideal para reforzar e mellorar a imaxe da entidade.
Unha boa localización, organización e posta en escena, xunto cunha selección axeitada de actividades de ocio/animación e un proceso intensivo de promoción poden converter un evento no formato máis efectivo para chegar ao público obxectivo.
Creamos, desenvolvemos e diriximos calquera tipo de evento para empresas e organizacións, dende presentación de produtos, reunións de traballo ou actividades lúdicas, de acordo co perfil e sector de actividade do cliente.